14.5.12

2ºESO, Teorema de Tales

Noutra entrada deste blog tedes información sobre Tales de Mileto e o seu teorema, ide a esta entrada a través deste enlace e informádevos sobre este tema.
 Trátase de recordar a unidade de proporcionalidade numérica e ir aplicándoa en semellanza de triangulos.
Buscade información sobre Pitágoras e o seu Teorema e logo revisade este proxecto interactivo para ir entrando no mundo da xeometría. Repasade nesta táboa as áreas de figuras planas anotándoas ademais no teu caderno.

Deixovos tamén un divertido vídeo de Les Luthiers sobre o Teorema de Tales.

5.5.12

BLOQUE DE FUNCIONS 4º ESO Op A

O curso acábase!!! e entre as actividades extraescolares, complementarias e diversos imprevistos son  moitos os contidos que nos quedan por explicar. É por iso que vos fixen estes apuntes do Bloque de Funcións como repaso e algunhas novidades para desenvolver esa unidade o máis sinxela e rápida posible. Confío en vós, en que poñades todo da vosa parte para chegar a rematar todos os contidos da materia.
Deixovos aquí algúns enlaces interesantes para que pidades ollear.
Puntos, gráficas y funciones.
Funciones con JClic

20.4.12

Para a titoría do martes 24

O día 12 de maio celébrase o día das matemáticas, buscade información sobre esta celebración,  porqué se celebra este día, con qué se relaciona cada ano...
Logo elixide un tema: películas, libros, fotografía, biografía de matemáticos (nomes que saíron na película La habitación de Fermat), etc. e buscade información nese campo relacionadas coas matemáticas.
Facede un ficheiro de texto con esa información e gardádeo no voso ordenador.
Os que elixan películas pode buscar unha bonita e propoñela para ver ese día!! E os que elixades libros, colledes varios títulos e a sipnose e logo facemos unha guía de lectura.
A TRABALLAR!!!!

18.4.12

Reforzo 1º ESO


Esta semana en reforzo repasaremos porcentaxes, con aumentos, diminucións, decimais, fraccións, etc. Traballaremos con enlaces da divertida páxina amolasmates, grazas por compartir!!
Entra nesta zoa e a traballar!!

Ecuacións de 2º grao


En 2º de ESO empezando ecuacións de 2º grao, quédavos aquí un enlace (Genmanic)para recordar a teoría e practicar as ecuacións sinxelas, con calma, estamos empezando!!!
Aquí tedes varias ecuacións para resolver e practicar, pinchade nesta ligazón.
Intenta resolver tamén ecuacións desta páxina., é interactiva, pero neste caso igual precisas calculadora porque nesta páxina noutras ocasións saían sempre números moi grandes, usade a do ordenador!!

7.3.12

8 de marzo, día da muller


Hermann Weyl (matemático alemán del S.XIX) Dijo la siguiente frase :" Sólo hay dos mujeres matemáticas Sofja Kovaleskaja y Emmy Noether. La primera no es una matemática y la segunda no es una mujer" . Así empeza a introdución dunha maravillosa WebQuest feita por Marta Carballo Calero para traballar o papel da muller nas matemáticas. Grazas por compartir con todos este proxecto. Pinchade no enlace e seguide as instrucións.

16.2.12

Números enteiros 1º ESO

Empezando números enteiros, tarefa complicada para os alumnos de 1º, por iso os de reforzo terán aquí un recurso entretido para practicar. Pincha neste enlace e levarache a unha entrada antiga deste blog que che conectará no novo mundo dos números!!

8.2.12

Intervalos de números reais

Estamos coa unidade de funcións en 3º ESO pero antes temos que repasar algo que está moi olvidado ou que para algúns é descoñecido, intervalos de números reais. Como recurso de ampliación deixovos este enlace a vitutor, páxina de exercicios e apuntes de matemáticas, logo tedes outro enlace para practicar en exercicios do proxecto Descartes. Se preferides mellor escoitalo, deixovos tamén este vídeo.

Explicacións teóricas en vitutor e exercicios interactivos de intervalos para 3º ESO, vía proxecto Descartes.

4.2.12

Empezamos con álxebra en 2ºESO

A álxebra é unha rama das matemáticas que relaciona letras con números para identificar expresións da nosa linguaxe cotiá. É descoñecida e nova totalmente para vós, entón convén empezar amodiño e de forma divertida. Por iso deixo aquí un vídeo explicativo dos nosos amigos Troncho e Poncho que vos van a explicar como entenden eles a linguaxe alxébrica.
Tamén podedes practicar facendo estes test, son sinxelos e xa se corrixen directamente.
Valor numérico, suma e resta de monomios, monomios semellantes.
Todo este material é recollido excelente páxina de amolasmates que o comparte con todos nós, graciñas!!!

3.2.12

Proba ámbito matemático-avaliación de diagnóstico

A Consellería de Educación convoca, cara o mes de maio, as probas de avaliación de diagnóstico para todo o alumnado galego de 2º de ESO co fin de avaliar o noso sistema educativo. Tedes aquí a proba de matemáticas do 2010 para que vexades o modelo de exame, é longo pero sinxelo.

23.1.12

Repasando proporcionalidade en 2º ESO


Un novo e último boletín de traballo para que repasedes antes do exame. Pinchade na seguinte ligazón e coma sempre descargade a ficha e estudade moito!!!
Revisade ademais esta viñeta e opinade sobre o que di o alumno....